25 Setembro, 2018

Contidos sen caducidade

Desafiar o ciclo informativo de 24 / 7 / 365 e atender a temporalidade que esixe cada contido. Tomar tempo para enfocalos. Parar. Recuperar formatos como a entrevista en profundidade ou a reportaxe, que fan interferencia no xeito que temos de consumir contidos hoxe en día na rede.

Non imos polo máis novo, o inmediato e o desacostumado. Imos ver as necesidades comunicativas da veciñanza e afondar nelas.

A revista Delayed Gratification presume de ser a última en dar as novas. E nós imos tamén lentas e -oxalá- lonxe. A por contidos a modo, sen caducidade.

 “O xornalismo lento é aquel que emerxe como reacción á tendencia dominante á urxencia e á primicia e que convida a volver pensar nos tempos precisos para producir e consumir unha información rigorosa, creativa e de calidade”

Gloria Rosique e Alejandro Barranquer: ‘Periodismo lento (slow journalism) en la era de la inmediatez. Experiencias en Iberoamérica’

 

Xente que chega, que cruza pontes, e que elixe facer camiños conectando o noso territorio con outros. Queremos conectar con eles e elas e compartir. Mais urxe conectarnos tamén entre nós. Sintámonos rede, e tomemos con responsabilidade decisións conxuntas de presente e de futuro para a #RibeiraSacra. Para iso cómpren pontes. #CanleRibeiraSacra

As nosas redes:

Facebook: https://www.facebook.com/CanleRibeiraSacra/

Twitter: https://twitter.com/CRibeiraSacra

Instagram:https://www.instagram.com/canleribeirasacra/

Youtube: https://www.youtube.com/channel/UCdhDhuYv1qEGU7CkNy1whjA


Ponte de Portomarín. Camiño Francés. Camino Xacobeo

17 Agosto, 2018

A historia tras o logo

 

Sabes que representan estes triángulos de cores do noso logotipo? Son os canóns do Miño e do Sil ao longo do verán, a primavera e o outono; intres nos que o viñedo ten cores moi características da Ribeira Sacra. O reflexo de todo elo vese nos ríos principais que conforman a ribeira: o Miño e o Sil, pero tamén en tódolos seus afluentes. Moitos destes territorios están unidos por pontes físicas e agora nós queremos contribuír a unilos en liña a través dunha canle de comunicación, a Canle Ribeira Sacra

 


*Creación do logo: Alba Sánchez.

3 Agosto, 2018

Un novo medio en camiño

A ponte do tren dos Peares é unha ponte industrial modernista de ferro pola que agora pasan moi poucos trens con parada. Disque se un burro ornea nesa ponte escoitarase dende os Concello de CarballedoConcello de Pantón, Concello de A Peroxa e Concello Nogueira de Ramuín, dende dúas provincias: Lugo (Deputación de Lugo) e máis Ourense (Deputación de Ourense); dende tres ríos: o Búbal, o Sil e o Miño.

Non é de Eiffel, mais esta ponte de azul intenso ten moito de canle estratéxica de comunicación, como conector entre nodos. E cremos que fan falla máis canles, tanto físicas, coma dixitais que vencellen contornas locais a través de proxectos comunicativos como pode facelo #CanleRibeiraSacra.