BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Ribeira - ECPv4.6.20.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Ribeira
X-ORIGINAL-URL:https://www.canleribeirasacra.gal/es/
X-WR-CALDESC:Eventos para Ribeira
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20181227T080000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20190106T170000
DTSTAMP:20261013T224520
CREATED:20181212T181413Z
LAST-MODIFIED:20190422T100053Z
UID:373469-1545897600-1546794000@www.canleribeirasacra.gal
SUMMARY:A axenda de Nadal en Pantón
DESCRIPTION:Vai chegando o Nadal e xa temos a axenda ateigada de eventos. Non fai falta saír da vila. Se es de Pantón ou se estás por esa terra para esas datas tes moitas actividade entre a cal elixir\, tanto se buscas actividades para crianzas\, espectáculos ou obradoiros. Olla as propostas do Concello para estas datas! \n  \nPara as crianzas \nNenas e nenos poderán participar en dous campamentos: o Campamento de Nadal nos días 26\, 27 e 28 de decembro e o Campamento de Reis nos días 2\, 3 e 4 de xaneiro. \nAdemais está aberto o Concurso de postais de Nadal para nenos e nenas con idades comprendidas entre 3 e 12 anos. Poderán presentar todos os traballos que desexen (fisicamente no Edificio Sociocultural de Pantón\, 2º andar) antes do venres 28 de decembro. O resultado vaise dar a coñecer durante a festa de reis que se celebrará o cinco de xaneiro. \nNo día grande para as crianzas\, o 5 de xaneiro\, as actividades comezan ás 18h con xogos\, obradoiros de maquillaxe\, tatuaxes\, etc. previos á chegada dos Reis Magos de Oriente ao Salón de Actos do Edificio Sociocultural. \n  \nCultura e obradoiros \nO día 27 de decembro ás 11.30 h. a compañía Lila Teatro presentará no Salón de Actos do Edificio Sociocultural ra Cachopo Máxico\, unha iniciativa do Concello que conta coa colaboración da Deputación de Lugo dentro do programa Proscenio. A Entrada é libre e gratuíta ata completar aforo. O día 4 de xaneiro\, ás 12h celebrarase a actuación do contacontos lago López no Centro de Día de Pantón. A Entrada coma nos outros casos é libre e gratuíta ata encher aforo. \nO día 28 de decembro\, ás 20 h. haberá un concerto solidario da banda Folk de Ribas de Sil. Celebrarase no salón de actos do Edificio Sociocultural de Pantón. A entrada será libre previa doazón mínima dun kg. de alimentos non perecedoiros. \n  \nObradoiros \nO día 28 de decembro terá lugar un obradoiro de cociña. Trátase dunha actividade interxeneracional na que participarán as crianzas do Campamento de Nadal e as persoas usuarias do Centro de Día de Pantón. A entrada libre e gratuíta ata completar aforo. \n  \nConcursos \nToda a veciñanza\, de xeito individual ou colectivamente\, poderá participar no Concurso de Beléns. As bases e información adicional poderalas consultar directamente no Edificio Sociocultural de Pantón (Praza do Concello s/n\, 2° andar) ou por teléfono (982456377) antes do día 30 de decembro. \n  \n\nCréditos da Imaxe: @freestocks vía https://www.pexels.com/ \n
URL:https://www.canleribeirasacra.gal/es/evento/a-axenda-de-nadal-en-panton/
LOCATION:Praza do Concello s/n\, Ferreira\, Lugo\, 27430\, Spain
CATEGORIES:Cultura
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.canleribeirasacra.gal/wp-content/uploads/2018/12/Nadal.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR