Cargando Eventos

Cata nocturna feminina na adega EDV

Protagonista: Bodega EDV

A adega EDV 2015 S.L. celebra este sábado, 18 de xullo, unha cata-degustación nocturna destinada a mulleres. A cita que propoñen este sábado será una mestura de historia, música, lume, sensibilidade, aromas e viño na que se lle quere dar un protagonismo especial á muller e realizase en colaboración co Centro de Información á Muller de Quiroga.
A saída será ás 21.00 h. da casa da cultura de Quiroga para unha vez en Margaride participar dunha visita guiada polo pasado romano da contorna. Cando caia a noite, a iluminación das fachas guiará ás participantes por un camiño deica unha das viñas da adega, onde terá lugar a cata.
A proposta completarase coa cata degustación por conta das dúas xeracións da adega na que non faltará a música en directo e o ambiente da viña iluminada polas fachas. Para participar é necesario inscribirse ata o 16 de xullo no teléfono 982 43 89 51 ou no 982 42 80 01.

18 Xullo, 2020

6:00 p.m. - 11:30 p.m.

Quiroga

Margaride
Quiroga, Lugo
+ Google Map