Cargando Eventos

Recepción dos Reis Magos no Cantón

De 17.00h a 20.00 a tarde do día 5 de xaneiro os Reis Magos confirmaron a súa visita a Chantada. Pese ás dificultades por mor da pandemia da Covid-19, as Súas Maxestades piden todo o coidado e estrito cumprimento das normas de seguridade sanitaria para recibir aos nenos e ás nenas de Chantada na Praza do Cantón.

Haberá un circuito delimitado de entrada e saída das nenas e nenos e os seus/súas acompañantes. Por outra banda, non se pode tocar aos Reis Magos, tan só falar con eles. Entregaráselles unha bolsiña de lambetadas ás nenas e aos nenos e o evento contará con animación musical na praza. É preciso que os adultos sean respectuosos do distanciamento social.

No caso de que chova a recepción real trasladarase ao Mercado Gandeiro de Chantada.

5 Xaneiro, 2021

5:00 p.m. - 8:00 p.m.

Chantada

Praza de España
Chantada, Lugo Spain
+ Google Map