Cargando Eventos

Volve o enoturismo a Vía Romana

Protagonista: Adega Vía Romana

Chega a primavera e regresa o enoturismo sen présas e buscando a seguridade sanitaria. A adega chantadina Vía Romana é unha das primeiras en anunciar o seu retorno á actividade de recepción de visitantes. Será este sábado, 27 de marzo, cando as portas se verán abertas de novo neste lugar da Ermida, en Belesar, ao pé do Camiño de Inverno.

A experiencia incorpora un novo tipo de cata premium ou a opción de compra de bonos agasallo na tenda online. O reforzo da oferta enoturística ven apoiado polas cifras acadadas na pasada anualidade pese á situación de pandemia, contexto no que pasaron máis de 3.000 persoas polos recunchos desta adega.

En conformidade coas medidas vixentes o aforo será por quendas nas que coincidirán un máximo de catro persoas non convivintes e será recomendable un resixtro previo.

As visitas aos viñedos e ao interior desta adega da D.O. Ribeira Sacra deberán reservarse cun mínimo de 24 horas de antelación a través dos enderezos electrónicos marketing@viaromana.es ou enoturismo@mendezrojo.com ou chamando aos números de teléfono 982 462 069 ( horario de atención luns a venres de 9.00h a 19.00h) ou no móbil 683 504 509 ( de xoves a domingo e festivos de 11.00h a 20.00h).

27 Marzo, 2021 - 30 Setembro, 2021

Chantada

A Ermida, Belesar
Chantada, Lugo 27500 Spain
+ Google Map