Cargando Eventos

Formación ‘Camiño Creativo’ para o emprendemento

España Creativa , Red de Ciudades y Territorios Creativos de España (RECITCREA) lanza a primeira convocatoria aberta a emprendedoras e emprendedores para o desenvolvemento e fomento do seu plan de negocio no ‘Camiño Creativo- Xacobeo 2021 Emprende’.

Esta acción nace para impulsar a economía e o emprego e dinamizar, segundo explican, o talento emprendedor no marco do Xacobeo 2021 e 2022, “nun escenario de crise económica, cultural, social, medioambiental e emocional sin precedentes”.

Este camiño conta co apoio do Ministerio de Cultura, a través das Axudas de Acción e Promoción Cultural 2020, con axudas da Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura e coa participación da Deputación de Lugo.

As entidades promotoras agardan que se vaian sumando máis apoios. Esta acción integra o programa Xacobeo oficial e ofrece ás empresas que se sumen a máxima desgravación fiscal, un incentivo para o patrocinio e mecenado deste proxecto.

O Camiño Creativo, respaldado por UNESCO e ONU, pasa polas dúas candidaturas españolas a  Patrimonio Mundial 2021: O Paseo da Luz de Madrid e A Ribeira Sacra.

Na súa vertente galega, o Camino Creativo, na versión máis curta, que se ofrece nesta convocatoria  e discorre polas 4 provincias nas 10 Etapas do Camiño de Inverno. A duración total é de 20 días e 263 quilómetros e inclúe o desenvolvemento de obradoiros e actividades de lecer e culturais que terán lugar dende o 5 ao 25 de xullo.

O que se ofrece é unha formación gratuíta aos/ás participantes mediante talleres inmersivos presenciais. Por outra banda, o Camiño Creativo apoia e asesora no desenvolvemento do plan de negocio ao tempo que as persoas beneficiarias percorren a ruta a Compostela. En total ofrécense 20 prazas presenciais e 40 virtuais que seguirán os talleres por streaming. A mentorización corresponde únicamente  aos 20 emprendedores/as creativos presenciais. A mentorización levarase a cano de maneira interactiva en liña cos mentores/as ao longo de todo o camiño creativo.

Dende a Rede de Cidades e Territorios Creativos de España-RECITCREA- ofrécense axudas por parte dalgúns socios para aqueles emprendedores/as que desexen realizar o Camiño Creativo e sexan seleccionados, sempre que establezan a sede social dos seus negocios nas ciudades ou pobos do percorrido.

Deica o 31 31 de maio está aberta a primeira convocatoria, para máis información: CONVOCATORIA en la propia web:

www.elcaminocreativodesantiago.es  

http://elcaminocreativodesantiago.es/wp-content/uploads/2021/04/CONVOCATORIA-PUBLICA-30-ABRIL-2021.pdf

TELÉFONO CONTACTO: +34 692277891 / CONTACTO:

info@elcaminocreativodesantiago.es / info@espanacreativa.es

O proxecto do Camiño Creativo compromete “ espiritualidade, emprendemento, paisaxe, patrimonio, innovación, cultura, economía creativa, turismo, vocación, e os soños dos emprendedores”, sinalan nun comunicado, os seus impulsores.

A  convocatoria diríxese a “Emprendedores Creativos”. É dicir, calquera emprendedor de calquera sector económico, nacional ou internacional, sempre que o seu Plan de Negocio utilice a Cultura de xeito transversal para xerar valor engadido diferenciador ao seu negocio. Por outro lado, contempla unha reestruturación dunha empresa ou diversificación da actividade ou ben inicie unha nova idea emprendedora no sector da creatividade e das industrias creativas ( ICCs).