Cargando Eventos

Piragüismo: Campionato Galego Longa Distancia

O encoro de Belesar será escenario dunha nova competición de piragüismo. O Campionato Galego de Longas Distancias Xóvenes Promesas terá lugar este 15 de maio en augas do Miño no contorno de Ponte Mourulle. As distancias que se percorrerán serán 3.000 metros no caso da categoria infantil e 5.000 na cadete. A proba está impulsada dende a Federación Galega de Piragüismo e foi presentada esta semana no Concello de Taboada. Dende as 8.00h. e deica as 17.00h. os xóvenes piraguistas remarán un ano máis no contorno da Ribeira Sacra.

 

15 Maio, 2021

8:00 a.m. - 5:00 p.m.

Taboada

Pontemourulle
Taboada, Lugo Spain
+ Google Map