Cargando Eventos

20 aniversario da Asoc. do Camiño de Inverno

Este 27 de abril terá lugar en Monforte unha tarde de celebración dos 20 anos que leva en marcha o colectivo ‘Camiños  Santiago pola Ribeira Sacra’. Ás 18.00h. está previsto o descubrimento dunha placa conmemorativa en Monforte de Lemos. Ás 18.30 h. terá lugar unha visita á exposición de carteis desta asociación no centro do viño da Ribeira Sacra. Ás 19.00h. presentarase a guía do Camiño de Inverno de Aida Menéndez e ás 19.30h. proxectarase no mesmo lugar un vídeo conmemorativo da memoria destas dúas décadas. Xa ás 21.00h. a Igrexa do Colexio dos Escolapios será escenario dun concerto de Amancio Prada, cuxa entrada ten un custe de 5 euros.

 

27 Abril, 2019

6:00 p.m. - 10:00 p.m.

Monforte de Lemos

Rúa Comercio, 6
Monforte de Lemos, Lugo 27400 Spain
+ Google Map