Cargando Eventos

Xuño de cinema galego en Chantada

Protagonistas: Vicepresidencia Deputación de Lugo ; Vicepresidencia Deputación de Lugo

O Auditorio Municipal de Chantada é unha sala de cinema durante o mes de xuño. Todos os venres acollerá de filmes galegos. “Ons” de Alfonso Zarauza, “A illa das mentiras” de Paula Cons,“Arima” de Jaione Camborda e “Lúa Vermella” de Lois Patiño será a carteleira programada por esta orde. Trátase das obras finalistas e recoñecidas na última edición dos Premios Mestre Mateo. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Academia Galega do Audiovisual promoven unha acción cultural que chega a Chantada coa organización do colectivo Airoá Comunicación e a Canle Ribeira Sacra e a colaboración do Concello de Chantada.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Academia Galega do Audiovisual promoven este ciclo de cinema galego, que reúne as catro películas finalistas aos Premios Mestre Mateo na categoría de Mellor Longametraxe nesta útlima edición.

As proxeccións terán lugar  ás 20.00 horas, o primeiro foi o pase de “Ons”, recoñecida con nove galardóns, entre eles o de Mellor Película. Continuarán os días 11, 18 e 25 de xuño, á mesma hora.  A entrada será libre ata completar a capacidade autorizada no auditorio, de 100 persoas. Haberá rexistro de datos persoais á entrada da sala, polo que se prega que as persoas que asistan traten de facelo cunha antelación razonable para non acumularse na entrada nos últimos minutos. O auditorio abrirá as súas portas a partir das 19.30h con este fin.

 

9 Xuño, 2021 - 25 Xuño, 2021

8:00 p.m. a 9:30 p.m.

Chantada

Praza de Galicia
Chantada, Lugo 27500 Spain
+ Google Map