Cargando Eventos

Concerto homenaxe a Manuel Jorge

Protagonista: Asoc. Amigos de Manuel Jorge de Chantada

Este venres, 3 de setembro, ás 20.30h., o auditorio municipal de Chantada, que acolle a mostra ‘Manuel Jorge. Seis décadas de retratos’  será tamén o escenario para render unha homenaxe ao pintor chantadés. Este acto en memoria do artista e arquitecto terá como protagonistas a pintura e a música. O acto inclúe un concerto de violín e piano a cargo de Manuel, Luis e Javier López Jorge, familiares do creador falecido en Xábia. O conxunto musical complétase con María Victoria Jericó e o programa inclúe obras de Debussy, Béla Bartók y Bach.

O aforo é limitado así que se podes reserva asento no formulario que podes atopar en manueljorge.com/homenaje.

3 Setembro, 2021

8:30 p.m. - 9:30 p.m.

Chantada

Praza de Galicia
Chantada, Lugo 27500 Spain
+ Google Map