Cargando Eventos

Setembro cultural en Sober

Protagonista: Concello de Sober

Sober continúa a intensa programación cultural deste verán no mes de setembro.

7 de setembro:
terá lugar unha cata de iniciación para formación básica con víños da Ribeira Sacra. Esta actividade está impulsada por AGACAL. É necesario inscribirse previamente.
17 de setembro:
Concerto de Luar na Lubre/ 22.00h. na Praza do Concello. Acción realizada dende a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
18 de setembro:
Actuación da Asociación Cultural O Castro. Sesión matinal ás 11.30h. Praza do Concello. Progración Musiqueando da Deputación de Lugo.
Narración oral e música con Asdomadre, ás 19.00h na Praza do Toural. Programación Cultura no Camiño.
Actuación de Música folk a cargo de O Fiadeiro. 21.00h. na Praza do Concello. Acción impulsada coa AGADIC, Xunta de Galicia.
Concerto de A Roda. ás 22.00h. na Praza do Concello. Acción impulsada coa colaboración da Secreataría Xeral de Política Lingüística. Xunta de Galicia.
19 de setembro:
Sesión matinal coa Banda de Música de Sober. 11.30h Praza do Concello.
O hotel Eurostars Pazo de Sober albergará nesta xornada unha actividade do Xacobeo Peregrinas.
A comedia musical ‘Piscore. Concerto Singular’ chegará á Praza do Toural ás 19.00h. dentro da programación Cultura no Camiño.
Pola noite, ás 22.00h. a Orquestra ‘Os Satélites’ ofrecerá unha actuación na Praza do Concello.

Para os concertos de Luar na Lubre, A Roda e Os Satélites é imprescindible reservar entrada na Oficina Municipal de Turismo.

7 Setembro, 2021 - 19 Setembro, 2021

Sober

Praza do Concello s/n
Sober, Lugo 27460 Spain
+ Google Map