Cargando Eventos

Programación de Nadal en Sober

Protagonista: Concello de Sober

Dende o 3 de decembro e deica o 6 de xaneiro haberá actividades de Nadal en Sober. Entre elas están os certames de poesía, de postais, de beléns, de decoracións e entre os locais comerciais nos que as persoas que desexen participar poden inscribirse deica o 21 de decembro.

PROGRAMA DECEMBRO

Obradoiros de Nadal: Venres 3, 10, e 17 ás 16.30h. nas Merendas con contos.

Tempos de Inverno. O Eirado das Letras no Nadal. Venres 7 e 14.

Concerto de frauta e piano. Sábado 11 ás 19.00h Xuventudes Musiais no centro sociocultural.

Festival de Nadal. Sábádo 18 ás 18.00h. coa Escola Municipal de Música e a Banda de Sober. Centro Sociocultural.

Visita de ‘Papa Noel’. CEIP Plurilingüe de Sober e PAI de Sober.

Obradoiro de Cociña con David Cidre. Xoves 23 ás 17.30 h Merendas con contos na Escola de Hostalería de Rosende.

Espectáculo Musical Familiar POPSÍA. Xoves 23 ás 19.00 h Centro Cultural de Sober.

Festa Infantil de Nadal con xogos inchables. Martes 28 e mércores 29. 17:00h. Pavillón do colexio Virxe do Carme.

PROGRAMA XANEIRO

Entrega de Premios dos Certames de Nadal e Chocolatada. Martes 4 ás 17.30h. Centro Sociocultural de Sober.

Visita dos Reis Magos. Mércores 5 ás 12.00h. Centro Sociocultural.

 

 

3 Decembro, 2021 - 5 Xaneiro

Sober

Praza do Concello s/n
Sober, Lugo 27460 Spain
+ Google Map