Cargando Eventos

Fotografía coa ollada analóxica na mostra ‘Falando en Prata’

Protagonista: Casa da Cultura de Chantada

Fotografías en branco e negro coa ollada analóxica compoñen a mostra ‘Falando en Prata’ que neste mes de outubro podemos visitar na Casa da Cultura de Chantada. Esta escolma de imaxes nace como colaboración do Ateneo de Ourense co certame Outono Fotográfico no ano 2011. En realidade trátase dunha mostra de fotografía actual realizada con métodos tradicionais, sen ningún tratamento dixital. Participan no evento fotógrafos de toda España e tamén nalgún caso de  Europa e Sudamérica. Despois da exposición en Ourense a mostra viaxa a distintas cidades de España e Portugal e nestes momentos está en Chantada.

 

Horario Casa da Cultura: 10:00-14:00 h. / 16:00-20:00h.

1 Outubro, 2018 - 31 Outubro, 2018

10:00 a.m. a 8:00 p.m.

Chantada

Praza do Mercado s/n
Chantada, Lugo Spain
+ Google Map