Cargando Eventos

Obradoiro para coidar mellor a horta

Se tes horta e queres mellorar o seu coidado ou estás pensando en poñerte coa túa parceliña tés unha actividade formativa aberta o sábado 27 de abril en Taboada. Será na casa de turismo rural Romualdo de 11.00h. a 14.00 horas. A actividade está dirixida por Lucía Ferreira e ten o título ‘Saberes da Horta’. O obradoiro non ten un custo fixo, senón que cadaquén achegará o que considere. Se despois da formación, baseada en leccións de sustentabilidade e respecto pola terra, queres quedar a xantar no establecemento cómpre facer reserva a través dps teléfonos 650226646 ou en info@casaromualdo.com.

27 Abril, 2019

11:00 a.m. - 2:00 p.m.

Taboada

Vilar, 6, Vilela
Taboada, Lugo 27596 Spain
+ Google Map