Cargando Eventos

8M de contos, lecturas e radio pola educación en igualdade

Protagonista: Concello de Sober

O Concello de Sober ten en marcha unha programación de actividades de cara ao 8 de marzo, Día de Muller. Este día 5 a axenda das merendas con contos da biblioteca, contarán coa presenza de Samanta Fernández Cortés, que falará da súa experiencia como muller emprendedora.

Xa o luns, propio día desta celebración que reivindica a igualdade de dereitos e oportunidades entre xéneros, o colexio Virxe do Carme será escenario dunha serie de lecturas sobre a igualdade.

O 9 de marzo o contacontos Pedro Brandariz relatará dúas historias con perspectiva de xénero: ‘Non máis princesas’ e ‘Héroes e Héroas’.

Ao mesmo tempo, do 8 ao 12 de marzo emitiranse programas de investigación sobre mulleres en Radiouvín, a emisora do colexio Virxe do Carme.

 

5 Marzo, 2021 - 12 Marzo, 2021

Sober

Praza do Concello s/n
Sober, Lugo 27460 Spain
+ Google Map