Cargando Eventos

Andaina pola ruta do Miño

Protagonista: Asociación Veciñal O Saviñao

A veciñanza do Saviñao continúa coas andainas a carón da gran ruta de sendeirismo do Miño. O sábado, 7 de decembro, continuarase coa 3ª etapa entre O Priorato da Cova e Marce. A saída farase dende a praza Maior de Escairón ás 9:30h. con volta prevista ás 14:15 h. O percorrido comeza na igrexa románica da Cova, adentrándose no Concello de Pantón polo bosque mixto entre A Cova e Ribeiras de Miño. Pasa polo lugar do Carballo, ao lado do castro de Ribeiras de Miño e a área de Maiorga. Dende aquí atravesa á aldea da Míllara e inicia a subida ata Marce. A distancia é duns 10 km e o tempo estimado para percorrelos unhas catro horas.

É preciso apuntarse para que a Asociación Veciña do Saviñao poida organizar o transporte de ida e volta.

Teléfonos: 982 452 013 e 677 726 325

Correo electrónico asociacionvecinaldosavinao@gmail.com ou Facebook da Asociación Veciñal do Saviñao.

7 Decembro, 2019

9:30 a.m. - 2:30 p.m.

O Saviñao

O Saviñao Lugo Spain
+ Google Map