Cargando Eventos

A Banda da Loba concerto homenaxe a Xela Arias

Protagonista: A Banda da Loba

O sábado a sesión vermú en Sarria será coa banda sonora da homenaxe da Banda da Loba a Xela Arias. O último traballo desta formación, dedicado á poeta nada nesta vila será o eixo central da sesión en directo na Praza da Vila.

A iniciativa conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e forma parte da programación institucional das Letras Galegas 2021 da Xunta.

A Banda da Loba ten xa musicado outros poemas galegos e esta gran homenaxe a Xela confírmaa como unha gran referente para a o grupo. Hasme Oír é o título deste traballo que con distintos ritmos nos trae as letras transgresoras e traballadas dunha escolma de poemas da escritora das Letras 2021.

10 Xullo, 2021

1:00 p.m. - 2:00 p.m.

Praza da Vila
Sarria, Lugo Spain
+ Google Map