Cargando Eventos

‘A caída da folla’ na Ribeira Sacra

A caída da folla muda a nosa paisaxe, muda dalgún xeito os nosos ritmos cotiás e representa unha época especialmente activa na natureza. A Ribeira Sacra é un escenario cada vez máis gozado neste tempo, e o Consorcio te Turimo xa ten lista a intensa programación para o mes de novembro nunha nova quenda do programa ‘A Caída da Folla’.

Os municipios da Ribeira Sacra ourensá e da provincia de Lugo destilan propostas que van dende os baños de bosque ata a recollida de cogomelos ou a aventura da gran sala de escapismo ao aire libre Búskalo en Ribeira Sacra:

Sábado 1 de novembro: Xornada de portas abertas Búskalo en Ribeira Sacra. Para o día 1 de novembro hai 5 bonos gratuitos en cada xogo (en Ferreira de Pantón e en Luintra, Nogueira de Ramuín). Os primeiros 5 equipos que un correo a turismo@ribeirasacra.org solicitando participar desta xornada serán os beneficiarios. Máis información en turismo.ribeirasacra.org.

Sábado 2: BAÑO DE BOSQUE (Parada de Sil): Sabes do poder das nosas árbores? Achégate  ao benestar nun escenario idílico. Prazas: 10 / Horario:  16 a 19 h / Prezo: 6€ / Punto de encontro: Reitoral de Chandrexa.

Domingo 3: DANZANDO O OUTONO (Paradela-Portomarín). Ao longo da ruta do Loio recolleremos elementos cos que logo traballaremos, ao acollido, a expresión corporal a partires da inspiración que nos dan os elementos da natureza existentes na contorna do Loio. Prazas: 15 / Horario: 10 a 14 horas / Prezo: 6€ / Punto de encontro: Parque Infantil da Ruxidoira / Inclúe traslado en microbús.

Sábado 9: CESTAS E AO BOSQUE! (Os Peares, A Peroxa – Carballedo):  Xornada para o coñecemento, recollida e degustación de cogumelos á beira do Miño. Prazas: 15 / Horario: 10 a 19 horas/ Prezo: 15€ / Punto de encontro: Centro de Inmeersión Lingüística Os Peares / Inclúe xantar

CAMIÑO DE INVERNO ENTRE FOLLAS E BANCAIS (A Pobra do Brollón-Monforte-Pantón): un tramo do camiño a pé con outra parte en kaiak polo Miño dende Maiorga.  Prazas: 15 / Horario: 10 a 18 horas / Prezo: 15€ / Punto de encontro: Estación de tren de Monforte de Lemos / Inclúe traslado en microbús, xantar de pinchos  e equipo de kaiak

Domingo 10: OLEOBUS (Quiroga): Paseo polos oliveirais, recollida da oliva participando do vareo. Visita a almazara e participación do proceso productivo. Cata de aceites con pan da zona. Breve xantar. Visita taller de madeira de olivo e, por suposto, ao muiño de Bendilló. Prazas: 15 / Horario: 10:30 a 16:30 horas / Prezo: 15€ / Punto de encontro: Parque dos Condes (Monforte de Lemos) / Inclúe transporte en microbús e xantar tradicional

Sábado 16: OLEOBUS (Quiroga): Mesmo plantexamento que no día 10.

Domingo 17: FOTOGRAFÍA AO SOLPOR (Belesar, Chantada-O Saviñao). As cores do outono son especiais en Ribeira Sacra, pero convértense en máxicas ao despedir o día. Para os apaixoados da fotografía. Prazas: 10 / Horario: 10 a 18 horas / Prezo: 15€ / Punto de encontro: Adega Vía Romana / Inclúe xantar

OLLANDO AO CEO DO CANÓN (Castro Caldelas – A Teixeira – Parada de Sil-Nogueira de Ramuín) . Propoñémosche a ruta ornitolóxica  Peregrinus do Galicia Birding na compaña dun experto. Prazas: 10 / Horario: 10 a 14 horas / Prezo: 6€ / Punto de encontro: Centro Parada Justel, Esgos, OU-536 / Inclúe transporte en microbús

Sábado 23: DE SENDEIRISMO POLO XEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL (Ribas de Sil): Mergullámonos  no itinerario paisaxístico do complexo arqueolóxico-mineiro do Covallón.  Prazas: 20 / Horario: 10:30 a 17:00 h / Prezo: 15€ / Punto de encontro: Albergue de Quiroga / Inclúe xantar e entrada ao museo xeolóxico de Quiroga

Domingo 24: BENESTAR NA RIBEIRA SACRA (Taboada). Trátase de obter unha experiencia consciente e íntima máis alá do propio paseo pola natureza. Un coñecemento máis completo dos agasallos escondidos que nos ofrece o outono na Ribeira Sacra . Prazas: 10 / Horario: 10 a 20 horas / Prezo: 15€ / Punto de encontro: Casa do Romualdo / Inclúe xantar

Sábado 30: A DESPEDIDA DO OUTONO (A Peroxa): Poñeremos fin á programación de outono con ruta de Nordic Walking por unha fermosa paraxe do Miño . Prazas: 20 / Horario: 10 h a 13 horas / Prezo: 6€ / Punto de encontro: Igrexa de San Martiño.

MAGOSTO TRALO TELÓN (Esgos-Xunqueira de Espadanedo). Visita teatralizada ao mosteiro máis antigo e magosto tradicional no museo de Niñodaguia. Prazas: 15 / Horario: 16:30 a 20 horas / Prezo: 6€ / Punto de encontro: Mosteiro de San Pedro de Rocas / Inclúe merenda con empanada, chourizo, castañas e bica.

 RECOMENDAción: Visita ao Bidueiral de Montederramo,  á Aula Forestal Os Trollos en Bóveda ou á ruta dos viñedos en Sobe

O programa está suxeito a modificacións ou cancelacións, especialmente se a actividade se ve afectada polas condicións meteorolóxicas. Recoméndase consultar información actualizada na Web ou chamar ao teléfono de contacto. Requírese reserva anticipada a través da web. Actividades de carácter promocional con prezos patrocinados no convenio coa Axencia Turismo de Galicia.

Reservas de prazas

Correo electrónico a turismo@ribeirasacra.org indicando:

  • Nome e apelidos
  • Actividad/-es e data
  • Número de prazas
  • Teléfono de contacto

1 Novembro, 2019 - 30 Novembro, 2019

Sin localización