Cargando Eventos

A Caída da Folla na Ribeira Sacra

Actuar coa paisaxe e co patrimonio durante o outono é unha actividade de especial gusto. O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra abriu xa o prazo de inscrición para o programa Caída da Folla na Ribeira Sacra 2018 .

Esta proposta mantén as opcións de maior éxito en anteriores edicións, como son  os talleres para recoller, coñecer e degustar cogumelos e as rutas en kayak en paraxes vitivinícolas. Os xantares campestres a modo de picnic tradicional serán obxecto de especial atención na tempada 2019. A visita teatralizada en Montederramo rematando co magosto é a outra novidade do programa.

A axenda de outono concéntrase no mes de novembro nun almanaque de experiencias únicas en lugares tranquilos e pouco masificados dando especial importancia á paisaxe, a gastronomía e o enoturismo.

 

Inscricións: https://turismo.ribeirasacra.org/es/a-caida-da-folla-2018

 

Cartel programa ‘A Caída da Folla na Ribeira Sacra’ 2018

1 Novembro, 2018 - 11 Novembro, 2018

Sin localización