Cargando Eventos

A chegada do Oso trae moita festa

A chegada do Oso é un dos días grandes do entroido na Ribeira Sacra. En Salcedo, a véspera do Oso está chea de actividades. Proxección do documental Mar de Terrade Kepa Junkera ás 17:00 h.; pasarrúas das Madamas e os Danzantes ás 18:00 h.; pregón ás 18:30 h.; Baile ás 20.00h e o tradicional e valorado teatro popular ás 22.00h.;o baile coa orquestra Os Trovadores ás 00:30 pechará o domingo de entroido en Salcedo. O luns, día 4 ás 17:00 h. sairá o Oso cos seus criados a tisnar á xente e facer das súas con música de charanga. Á noite, cea popular e verbena coas orquestras Capitol e Israel.O entroido rematará en Salcedo o martes con festa para as pequenas e pequenos con Peter Punk e á noite gran paellada e música coa orquestra Los Satélites.

3 Marzo, 2019 - 5 Marzo, 2019

Pobra do Brollón

Salcedo
Pobra do Brollón, Lugo Spain
+ Google Map