Cargando Eventos

A cinecleta na biblio de Escairón

Protagonista: Biblioteca Municipal do Saviñao

A Biblioteca Municipal do Saviñao continúa en agosto co ciclo de actividades do Programa Ler conta moito deste ano, coa actividade A cinecleta: cóntame un cine, ás 12 da mañá. Será este venres, 6 de agosto a acción coa que se achegará ao público á historia do cinema mesturado con contos cinematográficos, coñecendo os fondos mariños das Illas Atlánticas, ou algún elemento da nosa historia máis próxima, proxectados desde a cinecleta.

Aplicaranse as medidas Covid establecidas para actividades culturais, polo que as prazas serán limitadas e deberán reservarse os días 4 e 5 presencialmente na biblioteca ou no teléfono 982452324 en horario de 8:30 a 14:30.

A información irase ampliando desde a conta de Twitter da biblioteca.

6 Agosto, 2021

12:00 p.m. - 1:00 p.m.

O Saviñao

Doutor Portela
Escairón, Lugo 27540 Spain
+ Google Map