Mes do Amandi
ACTIVIDADES DO MES DO AMANDI
Martes 3 de Agosto:
-Ás 10:00 horas no Centro Sociocultural: Xornada Tecnica: ‘O Castiñeiro de Froito: Planificación e deseño de plantacións’.
Organiza: I.X.P. Castaña de Galicia.
Xoves 5 de Agosto:
– Ás 19:00 horas en Tapería Tear de Cadeiras. Cata comentada de viños rosados da Subzona de Amandi (D.O. Ribeira Sacra). Dirixe: Cristina Mantilla, Enóloga e docente no CPR Belarmino Fernández de Rosende.
Venres 6 de Agosto:
-Ás 12:00 horas na oficina de turismo: Presentación da exposición permanente do material atopado nas escavacións de Proendos.
Luns 9 de Agosto:
-Ás 13.30 horas no Restaurante BERSO: Xantar&Maridaxe.
Dirixe a Sumiller Elisabet Castro.
Martes 10 de Agosto:
-Ás 19:00 horas no C.P.R Belarmino Fernández de Rosende: Xornada técnica ‘Aprende a Catar’ (nocións básicas e diferenza de variedades galegas). Dirixe a sumiller Isabel Lozano Verdes.
Mércores 18 de Agosto:
-Ás 22:00 horas na Praza do Toural, Concerto de Gin Toni´s.
Sábado 21 de Agosto:
-Ás 20:00 horas na Praza do Toural, Concerto da Banda de Música de Muimenta.
Venres 27 de Agosto:
Ás 22:00 horas na Praza do Toural. Concerto á luz da lúa coa Banda de Música de Sober.
Do 1 ao 30 de Agosto no Centro Sociocultural de Sober estarán expostos os carteis presentados o concurso de carteis da XLI Feira do Viño de Amandi.