Cargando Eventos

As orixes do basket chantadino: O nacemento dun soño

Protagonista: Irmandade Cultural País do Faro

A historia do Club Baloncesto Chantada é a historia dun soño cumplido. A mostra dun proxecto que leva o deporte local a tocar coa elite do basket, unha historia de alegrías e de loita . Este venres,  6 de decembro, a Irmandade Cultural País do Faro organiza a conferencia “O nacemento dun soño. As orixes do Club Baloncesto Chantada”. Será no Círculo Recreativo Cultural de Chantada ás 20,15 h. Falarase do proceso que levou á fundación do club e das primeiras tempadas do equipo. Farano a través do testemuño de Segundo Rodríguez Aguiar “Campelo”, que foi directivo durante moitos anos, e dun dos primeiros adestradorese Antonio Lozano Miranda. Tamén estarán presentes moitos dos xogadores daquela primeira época.

 

6 Decembro, 2019

8:15 p.m. - 9:30 p.m.

Chantada

Av. de Ourense, 7
Chantada, lugo 27500 Spain
+ Google Map