Cargando Eventos

A poda e inxerto das árbores froiteiras

Si queres aprender máis sobre as árbores froiteiras e a súa poda e inxerto hai unha boa ocasión esta fin de semana en Taboada. O sábado 16 e domingo 17 de febreiro Carme Freire Cruces compartirá coas persoas que se anoten os seus saberes, opinións e emocións. Hai que levar a tesoira de poda e existen dúas maneiras de participar: a través dos obradoiros, con prazas limitadas a 10 persoas, ou somerxéndose nunha fin de semana rural.

Obradoiros: sábado 16, de 11:00 h. a 14:00 h. e de 16:30 h. a 18:30 h./ domingo 17, de 11:30 h. a 14:00 h.

O prezo será a achega voluntaria de cadaquén. Para xantar ou participar na fin de semana completa  de turismo rural con experiencias e contos en colaboración con Francisco do Romualdo poden consultar disponibilidade.

Máis información en: 650226646 / info@casaromualdo.com / www.casaromualdo.com

16 Febreiro, 2019 - 17 Febreiro, 2019

Taboada

Vilar, 6, Vilela
Taboada, Lugo 27596 Spain
+ Google Map