Cargando Eventos

A xogar cos Reis

Protagonista: Concello de Pantón
Unha gran festa con obradoiros de xogos populares, globoflexia, maquillaxe, tatuaxe e malabares acompañará ao recibimento ao Reis Magos en Pantón. A festa terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura de Ferreira a partir das 17:00 h. do domingo día cinco.
A chegada dos Reis a Ferreira está prevista para as sete da tarde na Casa da Cultura. Haberá agasallos para todos os nenos e nenas que acudan a ver os Reis.

5 Xaneiro, 2020

5:00 p.m.

Pantón

Praza do Concello
Ferreira de Pantón, Lugo 27430
+ Google Map