Cargando Eventos

Acampada fluvial de verán

O Club Náutico de Mourulle estará  de novo cheo de rapaces e rapazas os días 2,3 e 4 de agosto. Dende o Concello de Taboada e o de Chantada organizan unha acampada xuvenil que comezará o venres día 2 ás 16:30h. Poden anotarse as raparigas e raparigos de 12 a 18 anos de idade ata o 31 de xullo. Terán lugar actividades acuáticas e de aventura e tamén xogos de convivencia nun contorno óptimo para estas accións.

2 Agosto, 2019 - 4 Agosto, 2019

Taboada

Parroquia de Mourulle
Taboada, Lugo 27550
+ Google Map