Cargando Eventos

Accións didácticas e visitas virtuais aos museos

Protagonista: Rede Museística da Deputación de Lugo

A Rede Museística Provincial porá en marcha actividades en liña, adaptando parte da súa programación didáctica á situación de excepcionalidade provocada pola crise do coronavirus Covid-19. Cada día, ás 12.00 horas, desenvolveranse sesións virtuais nas que se invitará aos nenos e nenas a crearen o seu propio museo. Trátase dunha proposta que forma parte da oferta didáctica dos museos e que agora se traslada á rede poñendo a disposición das familias
recursos para contribuír a que estes días de permanencia obrigada nas casas se fagan máis amenos.
O obxectivo é que dialoguen entre eles e que busquen pezas de valor para eles e para que dialoguen cos seus maiores e recuperen a memoria, as raíces e a súa historia, para que debuxen, pinten, imaxinen e creen, tal e como explican dende a Rede.

Como participar?
As actividades en liña ofreceranse a través de Zoom, unha aplicación empregada no ámbito educativo para a formación en liña que permite conectar ata 120 participantes con vídeo interactivo. As persoas interesadas en participar nestas actividades didácticas online poden solicitalo na dirección electrónica redemuseistica@gmail.com, a través da que lles facilitarán o enlace e os contrasinais de acceso.

Visitas virtuais ao Pazo de Tor e Museos Provinciais

A Rede Museística Provincial tamén ofrece outros recursos en liña como as visitas
panorámicas e virtuais ao Museo do Mar do San Cibrao, ao Pazo de Tor e ao Museo
Fortaleza de San Paio de Narla.

17 Marzo, 2020 - 30 Abril, 2020

12:00 a.m. a 12:00 p.m.

Monforte de Lemos

Spain
+ Google Map