Cargando Eventos

Accións pola igualdade na rede e na biblioteca

Protagonista: CIM

O próximo luns, 8 de marzo, con motivo do Día Internacional da Muller”, o Concello de Chantada levará a cabo a lectura dun manifesto na praza do Cantón ás 13:00 h. gardando os protocolos de seguridade sinalados polas autoridades sanitarias.

Segundo quixeron puntualizar, a situación causada polo coronavirus non recomenda a realización de actividades grupais polo que se decidíu facer a súa difusión a través das redes sociais.  Por outra banda, terán lugar actividades paralelas como:

Exposición de lecturas non sexistas e co educativas na biblioteca e nas redes sociais da Biblioteca Municipal de Chantada.

Na semana do 8 de marzo publicaranse nas redes sociais do Concello de Chantada varias historias, reivindicacións,datos e noticias sobre a situación da muller na sociedade .

As responsables do Centro de Información á muller están a levar a cabo accións informativas e a distribuír cartelería de sensibilización en prol da igualdade nestes días.

4 Marzo, 2021

8:00 a.m. - 5:00 p.m.

Chantada

Praza do Concello
CHANTADA, Lugo 27500 Spain
+ Google Map