Cargando Eventos

Actividade de todas as cores en ‘A caída da folla’

Quen dixo que hai que meterse na casiña coa chegada do outono? A folla cae e revoluciónase a paleta de cores que nos rodean. A natureza amosa nova faciana e milleiros de posibilidade. O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra xa ten lista a axenda das actividades do programa “A caida da folla 2020”. Dende hoxe xa é posible reservar prazas.

Dende o sábado, 17 de outubro, e deica a penúltima semana de novembro hai propostas clásicas e outras novidosas. Actividades para o lecer e tamén para a formación en benestar, deporte de aventura BTT repartidas polos municipios e as enormes temáticas de interese que se estenden pola ribeira sacra.

Fotografía, baños de bosque; percorridos polo camiño de inverno; oleobus para achegarse á tradición e actualidade do aceite de Quiroga; rural sketch para pintar en acuarela; rutas literarias vencelladas a Nogueira de Ramuín; historia da Pobra do Brollón; curso de orientación no xeoparque das montañas do Courel e unha longa listaxe que poden observar nas seguintes ligazóns:

https://www.facebook.com/ribeirasacraCT/photos/a.369100217805/10159092952042806/
https://www.facebook.com/ribeirasacraCT/photos/a.369100217805/10159095671417806

 

Todas as propostas contan cun aforo máximo de 9 persoas máis monitor/formador/guía. Sempre que sexa posible e os espazos e necesidades técnicas o permitan, abriranse novos grupos. A realización destas actividades quedará suxeita ás condicións meteorolóxicas e indicacións sanitarias vixentes en cada momento.

Máis información en Tel.: (+34) 638823592 / turismo@ribeirasacra.org