Cargando Eventos

Lecer na Semana Santa en Caldelas

Protagonista: Concello de Castro Caldelas

A veciñanza de Castro Caldelas e os visitantes teñen moito que facer nestes días. A programación de actividades para a Semana Santa inclúe teatro infantil no Castelo este venres 19 ás 18.00h. coa representación de Proxecto Noé. O sábado ás 10.30h. terá lugar unha visita guiada á vila, declarada un dos pobos máis bonitos de España, dentro da programación do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra. Xa pola tarde, arredor das 19.00h. terá lugar un certame de cantos de taberna que levará a alegría e a música por toda a localidade. Os oficios litíurxicos tamén estarán presentes con motivo destes días na igrexa parroquial.

19 Abril, 2019 - 21 Abril, 2019

Sin localización