Cargando Eventos

Acto pola restauración da memoria lingüística

Protagonista: Asociación de veciños de Vilachá de Salvadur

O 31 de outubro, a veciñanza de Vilachá que o desexe está convocada a un acto da Asociación de Veciños/as, logo da misa, sobre a presenza da lingua galega nos actos funerarios e nos camposantos. 

Esta actividade, integrada na celebración en toda Galicia do Día da Resturación da Memoria Lingüística, pretende, segundo informaron dende a directiva do colectivo veciñal, “concienciar as persoas da importancia de ser lembradas eternamente na lingua que falaron en vida. Hoxe en día só o 5% das lápidas están en galego cando o número de galegofalantes enterrados supera o 75%. Esta anomalía lingüística é sobre a cal se quere reflexionar e convidar á xente a tomar a decisión en vida, comunicar os familiares o desexo de ser lembradas en galego”.

No acto de Vilachá de Salvadur descubrirase unha pequena placa na entrada do camposanto en honra aos defuntos da parroquia ” porque nos deixaron unha cultura, un lugar e unha lingua. É un acto de agradecemento porque deles aprendemos todo e agora tócanos continuar para deixarllo aos que veñen despois” sinalan nunha nota da asociación..

Pobra do Brollón

Vilachá de Salvadur
A Pobra do Brollón, Lugo Spain
+ Google Map