Cargando Eventos

Afonso Eiré presenta a novela ‘Ausentes’ en Chantada

Protagonista: Irmandade Cultural País do Faro

O xornalista e escritor Afonso Eiré presenta este sábado, 7 de maio, o seu último libro en Chantada. Será nun acto organizado pola Irmandade Cultural País do Faro, ás 20.00h. no Círculo Recreativo Cultural (O Casino).

A última novela de Eiré trata sobre a historia e as historias de emigración galega e foi editada por Hércules. No acto levarase a cabo unha lectura dramatizada a cargo de integrantes do grupo teatral Faro Miño. Participarán na presentación, ademáis do propio autor, o editor Francisco Rodríguez Iglesias e o presidente do colectivo organizador, Andrés Pavón.

 

7 Maio, 2022

8:00 p.m. - 9:00 p.m.

Chantada

Av. de Ourense, 7
Chantada, lugo 27500 Spain
+ Google Map