Cargando Eventos

Clase de guitarra con Alberto Cereijo de ‘Los Suaves’

A Casa da Música de Chantada ofrece esta semana unha master class de guitarra a cargo de Alberto Cereijo. O mítico guitarrista do grupo de rock ourensán Los Suaves estará na vila do Asma o vindeiro 5 de abril. O prezo da matrícula para o alumnado desta escola de música é de 10 euros, pero pode asistir calquera persoa interesada en aprender de Cereijo e do seu estilo por un prezo de 20 euros. O clase será de 16.00h a 20.00h.

5 Abril

4:00 p.m. - 8:00 p.m.

Chantada

Praza de Galicia 2
Chantada, Lugo 27500 Spain
+ Google Map