Cargando Eventos

ALE Ribeira Sacra

O domingo día 12 de setembro celébrase a ALE Ribeira Sacra, unha marcha cicloturista non competitiva.  A saída terá lugar en Luintra(Nogueira de Ramuín) ás 9:30h.  e haberá tres percorridos: percorrido ‘Gran fondo’ con 115 km e +2800 metros de desnivel, o ‘Medio fondo’ con 100 km e +2200 metros de desnivel e o ‘Mini fondo’ con 65 km e +1400 metros de desnivel. O tráfico estará controlado pero aberto, polo que se deberán respetar as normas de circulación.
A participación está aberta a deportistas de calquera nacionalidade nados no 2005 ou anteriores. Os participantes deberán estar federados. As bicicletas de contrarreloxo e as btt non están permitidas.
As inscricións faranse en www.aribeirasacra.com/crs-evento

12 Setembro, 2021

9:30 a.m.

Nogueira de Ramuín

Nogueira de Ramuín Ourense
+ Google Map