Cargando Eventos

Álex quere ser coma papá, obradoiro contra os estereotipos

Protagonista: Biblioteca Municipal do Saviñao

A Biblioteca Municipal do Saviñao continúa en setembro co ciclo de actividades do Programa Ler conta moito deste ano, coa actividade ‘Álex quere ser coma papá’, ás 12 da mañá, cos autores asentados en Pantón Dani Viéitez e Iria Iglesias. Ao longo da actividade xurdirán distintas situacións que loitan contra os estereotipos a través da experiencia de Álex. Aplicaranse as medidas Covid establecidas para actividades culturais, polo que as prazas serán limitadas e deberán reservarse presencialmente na biblioteca ou no teléfono 982452324 en horario de 8:30 a 14:30h.

 

3 Setembro, 2021

12:00 p.m. - 1:00 p.m.

O Saviñao

Doutor Portela
Escairón, Lugo 27540 Spain
+ Google Map