Cargando Eventos

Andaina cara o patrimonio de San Pedro

Protagonista: Concello de Taboada

O Concello de Taboada ten organizada para este sábado unha ruta a pé cara a localidade de San Pedro. Está dirixida á veciñanza e tamén ás/aos visitantes. A saída está prevista para as 10.00h. dende a alameda da vila e o percorrido ten unha dificultade media. Inclúe visita guiada á igrexa e ao pazo de San Pedro de Bembibre. Lembran que cómpre levar auga, froita, calzado axeitado, protección solar e gorra ou sombreiro. A actividade é de balde.

20 Xullo, 2019

10:00 a.m. - 2:30 p.m.

General Muinelo, 1
Taboada, Lugo 27550 Spain
+ Google Map