Cargando Eventos

Andaina da Castaña

Cada vez hai máis interese por sair a correr ou andar pola natureza no territorio da Ribeira Sacra, algo moi comprensible xa que o noso territorio ten unha paisaxe moi diversa e fermosa.

En Parada de Sil fan unha andaina que ten unha parte cultural. A XIII Andaina da Castaña ten un percorrido de 18,5 km e saída  ás 9:30 h. e a Andaina para Cativos ten 3,5 km de percorrido nunha ruta guiada de interpretación da castaña e das carriozas con saída ás once da mañá.

O prezo da inscrición é de 12 euros para adultos, 5 para menores de 12 a 18 anos e de balde a andaina de cativas. Inscrición en championchipnorte.com

9 Novembro, 2019

9:30 a.m.

Parada de Sil

Parada de Sil, Ourense 32740
+ Google Map