Cargando Eventos

Andaina do GDR Miño Ulla contra a violencia de xénero

Protagonista: GDR Miño Ulla

O sábado 13 de novembro de 2021, o Grupo de Desenvolvemento Rural Miño Ulla organiza unha andaina popular contra a “Violencia de Xénero”, cun percorrido de 3 km. nun tramo do Camiño de Francés a Santiago de Compostela ao seu paso polo territoriono que traballa a entidade. Concretamente a ruta será dende  A Brea a Palas de Rei). Esta andaina popular tamén se celebrará, o mesmo día e á mesma hora, nos outros 23 GDRs de Galicia, xa que se trata dunha actividade conxunta promovida pola Agader.

O punto de encontro no caso das comarcas de Chantada, a Ulloa e Sarria será na Praza do Concello de Palas de Rei ás 11:00 horas, e dende aquí e nos autocares dispostos pola organización, as persoas previamente inscritas para participar desprazaranse ata A Brea, lugar onde arranca o paseo.

Para fortalecer a simboloxía do acto, o GDR entregará ás persoas participantes unha prenda conmemorativa co lema do proxecto “O rural contra a violencia de xénero”.

Ao final da andaina, lerase un manifesto conxunto  que simbolizaría o posicionamento desta Galicia Rural contra a violencia de xénero. Con posterioridade, e como remate da actividade, terrá lugar un aperitivo para todas as persoas asistentes.

Inscricións e máis información nos teléfonos: 982 46 21 97 e 982 38 00 03

 

13 Novembro, 2021

Palas de Rei

Palas de Rei
Palas de Rei, Lugo Spain
+ Google Map