Cargando Eventos

III Andaina escolar Camiño de Inverno

Nenas de nenos de diferentes centros escolares farán o percorrido que vai dende San Paio Diomondi no Saviñao a San Pedro de Líncora en Chantada para coñecer un tramo duns 5 km do Camiño de Inverno. Na súa segunda edición a participación foi moi ampla: 600 escolares de 13 centros educativos e este ano a organización prevé unha afluencia igual ou maior, agardando que se sumen centros escolares das comarcas do Deza e Valdeorras. Este tramo destaca pola súa gran beleza paisaxística e patrimonial: decorre sobre unha calzada romana e entre viñedos milenarios con parada na aldea de Belesar. Vai ser unha xornada de confraternidade entre crianzas de diversos centros e de aprendizaxe situado e de apego ó contexto próximo na que seguro non ha faltar a diversión.

16 Outubro, 2018

10:30 a.m. - 5:00 p.m.

Chantada

Diomondi
O Saviñao, Lugo 27548
+ Google Map