Cargando Eventos

Andaina polo corazón de Galicia

Cando o corpo e a mente camiñan, todo son beneficios para a saúde física e psíquica. Camiñar é un deporte que se convirte na mellor metáfora vital cando ven respaldado polo corazón, como é o caso da actividade que se vai desenvolver esta fin de semana en Chantada. A Andaina polo Corazón de Galicia ten a saída nesta vila, na praza do Cantón, e a chegada na  fermosa aldea de Pincelo. O percorrido sairá cara San Pedro de Líncora e haberá parada de avituallamento ena queixería Airas Moniz. Despois continuará cara os ‘codos’ de Belesar deica o seu destino, onde terá lugar o aperitivo a base de ‘pinchos’ para repoñer forzas.

Son en total 17 km para percorrer parte do municipio e gozar da súa paisaxe cara as ribeiras do Miño. Un percorrido deseñado polo Club Atletismo Chantada para que todos poidan participar e somerxerse no contorno. Un autobús achegará aos participantes de novo á vila do Asma. Aínda podes inscribirte en www.championchipnorte.com, integrantes do Club Atletismo Chantada e o edil de deportes levaron a cabo unha presentación pública desta acción que pretende reunir a todos os amantes das camiñatas, para participar hai que inscribirse deica o xoves, día 3, en https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1924.

 

6 Outubro, 2019

9:30 a.m. - 3:00 p.m.

Chantada

Praza de España
Chantada, Lugo 27500
+ Google Map