Cargando Eventos

Andaina solidaria

Este sábado, 23 de novembro, Nogueira de Ramuín dará novos pasos solidarios. Será na andaina a favor de Pequeños Superheroes cun custe de inscrición de 7 euros en favor deste colectivo de familias con nenos con enfermidades como as miopatías Miotubulares e centronucleares .Tamén existe unha fila cero para colaborar con esta casusa si non se desexa participar nas andainas. Existe un percorrido de 18 quilómetros e unha ruta curta de 10 quilómetros. No Concello de Nogueira de Ramuín existe unha familia con esta problemática e hai unha grande sensibilización que pode materializarse aínda máis neste evento que combina deporte e natureza.

 

Máis información: Concello de Nogueira de Ramuín.

 

 

23 Novembro, 2019

10:00 a.m. - 2:30 p.m.

Nogueira de Ramuín

Nogueira de Ramuín
Nogueira de Ramuín, Ourense Spain
+ Google Map