Cargando Eventos

Artes, natureza e viño no Sacra Festival

Protagonista: Sacra Festival

Nova sesión do SacraFestival2021, o festival que coida da contorna e da comunidade, cunha programación multidisciplinar que mestura artes, viño, natureza no corazón da Ribeira Sacra.
Programa 7 de agosto:
ADEGAS VÍA ROMANA
19:00 – Compañía 5S (teatro)
20:00 – Surma (música electrónica)
CARBALLOLANDIA
21:30 – Cata Istorias (viño e gastronomía)
23:00 – Niño de Elche
0:00 – Festa de Peche (música electrónica)

Entradas á venda en www.sacrafestival.org

A beira do Miño celébnrase seu festival das artes, a natureza e o viño. A cita multidisciplinar que nacía do encontro de artes para a integración converteuse nun dos festivais de referencia, unha cita slow con accións e artistas de referencia instalada na Ribeira Sacra. Este ano celebrarase os días 10, 11 e 24 de xullo e os días 7 e 8 de agosto en distintos recunchos da ribeira e en Chantada.

Esta cita desenvólvese coa premisa da posta en valor e do coidado do contorno e da comunidade un ano máis. Espazos como Carballolandia acollen a música e a danza contemporánea con artistas da talla de Mercedes peón e Chey Jurado nunha acción na que están presentes os produtos locais, o viño e a cultura. O lugar de Pincelo foi  novamente tablao ou escenario novo para o arte flamenco de Alfredo Tejada co telón de fondo da ribeira.

Adegas como Amedo serviron de apoio para escenas de música e viño con Davide Salvado e Fábrica de Espejos. Lugar para a cata Hábitats a cargo do experto Roberto Regal. Esta cita incluiu visita a distintos viñedos.

En agosto outra adega, Vía Romana,  xunto co parque Carballolandia, serán esta fin de semana escenario para a fusión da electrónica, o flamenco e a danza inclusiva. A Compañía 5S, Surma e El Niño de Elche coa Cata Istorias, son unha proposta diferente á hora de achegarse ao viño, á natureza e á arte renovadora.

O colofón do Sacra Fest vivirase o 8 de agosto na terraza de Pincelo cun día da ocio en familia con actividades para as nenas e nenos e unha romaría familiar á beira do Miño. O espectáculo Habitados de Experimentadanza terá lugar ás 17.00h. na terraza de Pincelo.

O Festival está integrado no proxecto Sacra Experiencie. Toda a información e reservas para o Sacra Festival en : sacrafestival.org

Foto: Fernando Castiñeiras