Cargando Eventos

As cores do Outono a ritmo de folk

O 14 de setembro Brollón acolle o festival As Cores do Outono adiantándose á estación que está por chegar. Entre os artistas presentes están Magín Blanco e Bouba Pandeireteiras, que veñen de actuar no Festival Interceltique de Lorient
A cita coa música folk ten como cabeza neste sexto ano a Milladoiro. O festival está promovido polo Concello da Pobra do Brollón coa colaboración da Deputación de Lugo, a través do seu Plan Único de cooperación cos concellos. Todo ocorrerá na área recreativa de Samugueiros, na Pobra, un espazo natural que axuda a facer máis valioso aínda o encontro coa música.

O festival celébrase en horario de tarde-noite. Arranca ás 19:30h. cun espectáculo familiar, ‘Concerto singular’, unha comedia musical e xestual da compañía Píscore. A partir das 21:00h. comezan as demais actuacións. O evento será  resentado polo actor e monologuista Avelino González.

14 Setembro, 2019

7:30 p.m.

Pobra do Brollón

Área recreativa de Sanugueiros
A Pobra do Brollón, Lugo 27330 Spain
+ Google Map