Cargando Eventos

As fotos do ‘Viña Sacra’ visitan o Centro do Viño

Protagonista: Asoc. Amigos de Manuel Jorge de Chantada

A Asociación de Amigos de Manuel Jorge de Chantada leva a Monforte de Lemos a mostra fotográfica Viña Sacra. Trátase da exposición derivada do segundo concurso fotográfico Christina Snellman que pón en marcha este colectivo nado para divulgar a obra do arquitecto e pintor chantadino afincado na Xábia. Pola súa parte o concurso fotográfico procura fomentar a creación de artistas ou persoas con inquedanzas creativas e poñer en valor o territorio de Chantada e da Ribeira Sacra. No caso desta mostra,a temática é o viño e a viña. Paga a pena visitar a exposición, e se é posible, acudir ao acto inaugural que terá lugar este venres, 21 de xuño, ás 20.00h no Centro do Viño da Ribeira Sacra.

21 Xuño, 2019 - 15 Xullo, 2019

Monforte de Lemos

Rúa Comercio, 6
Monforte de Lemos, Lugo 27400 Spain
+ Google Map