Cargando Eventos

As vivencias centenarias nun libro

A Asociación Sociocultural ASCM viaxa a Sober este mércores para facer entrega a persoas centenarias e os seus familiares do libro Cenx100. A publicación recolle avivencia de 100 centanrios galegos e conta co traballo visual de Manuel Patinha.

A residencia de maiores de Sober será sede da presentación do libro, este mércores 6 de xaneiro.

Varias persoas que acadaron os 100 anos de idade que son veciñas e veciños de Sober participaron neste traballo. O municipio é un dos concellos galegos cun maior número de centenarias e centenarios. O evento será aberto e de balde. O obxectivo deste proxecto é potenciar o envellecemento activo e a calidade de vida.

6 Febreiro

12:00 p.m. - 1:00 p.m.

Sober

Estrada de Gundivóns s/n
Sober, Lugo 27460 Spain
+ Google Map