Cargando Eventos

Asemblea Por un Interior Galego Vivo no Courel

Protagonista: Plataforma por un Interior Galego Vivo

En maio de 2019 un grupo de proxectos locais de Lugo e Ourense lanzaban o manifesto “Por un Interior Galego Vivo” en Belesar, entre os concellos do Saviñao e Chantada para constituírse en decemebro como plataforma cidadá en San Xoán de Río sumando a máis candidaturas, persoas e asociacións.

A modo xenérico o colectivo quere ser unha “revolta das comunidades do interior galego pola vida con dignidade no medio rural e nas vilas e cidades interiores”. Isto traduciuse en varias reivindicacións e propostas trasladadas aos partidos que concorreron ás últimas eleccións autonómicas e que non tiveron a súa repercusión en políticas posteriores. Por isto Por un interior galego vivo quere reforzarse e traballar por estes obxectivos. O seguinte paso vaise dar o 10 de xullo a Asemblea do Courel, será a cuarta convocatoria e nela pretende afianzarse a organización e o programa “para seguir dándolle corpo á plataforma cidadá para que sexa unha voz deste territorio”.

IGV é unha plataforma cidadá que funciona en rede e está aberta a quen desexe participar. Defínese como un colectivo comprometido coa Terra, co territorio e coas súas xentes “á marxe dos partidos políticos tradicionais que unha e outra vez marxinaron o interior galego, partillando ideas e iniciativas locais para construír futuro”.

Teléfono para inscribirse no xantar: 669 164 004

correo electrónico: interiorgalegovivo@gmail.com

https://interiorgalegovivo.wordpress.com/

https://www.facebook.com/interiorgalegovivo/

10 Xullo, 2021

11:00 a.m. - 5:00 p.m.

Chantada

O Courel, Lugo Spain
+ Google Map