Cargando Eventos

Aulas Galegas, recursos educativos na casa

Protagonista: Aulas Galegas

Na axenda de confinamento das familias nos fogares e en prol de incrementar os recursos educativos. Dende Airoá Comunicación e a Canle Ribeira Sacra colocamos nesta axenda máis virtual que de presenza física estes días de decreto do estado de alarma polo coronavirus propostas para o fogar. Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro ante a situación de illamento provocada polo Covid-19. Trátase dunha axuda educativa á sociedade galega para acceder e coñecer recursos e materiais educativos en galego. A intención é ser unha fonte de recursos que sume e  “non é substituír as indicacións educativas que o profesorado lle faga ao seu alumnado no ensino regrado nin o papel das administracións educativas”.

Para o alumnado e as súas familias publicaremos cada día material clasificado por nivel académico e materia para as etapas de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato. Compartiranse contidos educativos de elaboración propia feitos especificamente para esta iniciativa e tamén outros que xa existen e que paga a pena divulgar.

A ligazón deste portal novidoso é http://aulasgalegas.org/

16 Marzo, 2020 - 31 Marzo, 2020

Sin localización