Cargando Eventos

Baile á luz da Lúa

Protagonista: Concello de Sober

Sober despide o mes de agosto co tradicional Baile á Luz da Lúa coa Banda de Música de Sober, que se celebrará o venres día 30 na Praza do Toural. O evento, que este ano celebra a súa XX edición, comezará cunha exhibición de baile profesional, de seguido haberá un concerto da Banda de Música de Sober e, por último, desenvolverase o concurso de baile para afeccionados. A exhibición de baile profesional correrá a cargo de Diego Cornella e Laura Díez, profesores do curso de baile de salón que se está a realizar nestes días organizado polo Concello de Sober. Despois a Banda  de Música de Sober interpretará distintas pezas para todas a aquelas parellas que desexen participar no concurso que estará dotado de varios premios para os mellores bailaríns. 

 

30 Agosto, 2019

9:00 a.m. - 11:30 p.m.

Sober

Praza do Toural
Sober, Lugo 27460 Spain
+ Google Map