Cargando Eventos

Banda Sinfónica de Galicia, Banda de Sober e Os Parentes.

Protagonista: Concello de Sober

A Banda Sinfónica de Galicia ofrece un concerto o sábado dez de agosto no Auditorio da Casa da Cultura de Sober. Unha boa ocasión para escoitar esta xoven formación que conta con case 50 músicos de 15 anos en adiante. O concerto comezará ás 20.30 h. e a entrada é de balde. A actuación enmárcase nos actos do 150 aniversario da Banda de Música de Sober.
‘Música e valores’ é o título da xira que a Banda Sinfónica de Galicia está a levar a cabo neste 2019. BSG xurde da consolidación do proxecto da Banda Sinfónica Infantil e Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia, e da continuidade á labor pedagóxica que se leva facendo dende o 2015 dentro do Plan Nacional de Bandas. A agrupación está formada por 46 compoñentes (entre 14 a 22 anos), procedentes de diferentes bandas, escolas e conservatorios das catro provincias galegas. Un dos piares básicos deste proxecto son os valores e o traballo en equipo, como é o caso de
tocar nunha banda.

Por outra banda, xa o domingo, 11 de agosto, o coñecido grupo de música soberino Os Parentes compartirá de novo escenario coa propia Banda de Sober. Será o domingo ás 22.00h. na Praza do Concello de Sober.

10 Agosto, 2019 - 11 Agosto, 2019

8:30 p.m. a 11:00 p.m.

Sober

Sober, Lugo 27460
+ Google Map