Cargando Eventos

Accións en defensa do clima

En apoio da folga mundial en defensa do clima convocada para o vindeiro 27 de setembro Chantada está a ter unha serie de accións sociais que comezaron por unha andaina consciente, a participación no foro social e continúan este mércores 25 de setembro cunha sesión de ioga na natureza, ás 8.30 h. no parque Eloísa Rivadulla, o xoves 26 será ás 20.00h. no mesmo lugar. Xa o venres 27 culminaranse estas accións cunha andaina consciente e a plantación de árbores. A saída será ás 18.00h da Praza de Santa Ana. O teléfono de contacto e a colaboración a través de Alelí Taboada  a través do número de teléfono 679 624 538. Trátase de actividades abertas a todas aquelas persoas que queiran participar delas.

20 Setembro, 2019 - 27 Setembro, 2019

Chantada

Chantada, Lugo 27550 Spain
+ Google Map